· Dans ·
Ilustración homenaxe a ilustradora María Antonia Dans para celebrar o Día da Ilustración, 2023.
Tres ilustradores —Aida Alonso, Xoana Almar (Cestola na Cachola) e Jano— ofrecimos a nosa visión persoal do seu legado en tres ilustracións realizadas especialmente para a ocasión. O Día da Ilustración celébrase o 30 de xaneiro, coincidindo co día do nacemento de Castelao. Ademais de lembrar e reivindicar o papel dos profesionais da ilustración na industria cultural, cada ano é homenaxeado un ilustrador histórico galego. É unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Universidade en colaboración coa Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI).
Realizada con papeles bonitos y tijeras.